Leite

Os gandeiros reparten 600 litros de leite entre os veciños de Lalín para agradecerlles o seu apoio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
19/12/2015 5:35 p.m.

Os gandeiros que estes días mantiveron bloqueados o Lidl e o Eroski de Lalín repartiron esta mañá 600 litros de leite entre os veciños e veciñas da localidade para agradecerlles o seu apoio e compensalos dalgún xeito polas molestias que lles puideran ter causado durante as mobilizacións destes días.

O reparto iniciouse pasadas as 12:30 horas na Praza da Igrexa e foron moitos os veciños que se achegaron con botellas e mesmo garras de 5 litros para recoller o leite, que previamente foi pasteurizado. O reparto organizárono os gandeiros da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo en colaboración coa asociación benéfica O Mencer.

A esta asociación benéfica tamén lles enviaron 60 queixos da cooperativa Cobideza e para a Noiteboa tamén lles entregarán 200 requeixos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O acto rematou cun brinde con leite polo futuro do sector lácteo galego.

Imaxes do reparto:

[Best_Wordpress_Gallery id="89" gal_title="Reparto Leite Lalín"]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada