Leite

Os gandeiros manterán os tractores xunto á muralla de Lugo e convocan unha reunión para o luns

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/01/2016 6:42 p.m.

Os gandeiros do colectivo Agromuralla manterán os tractores na súa localización actual ao redor da Muralla de Lugo, a pesar das presións de comerciantes e empresarios do centro da cidade que denuncian os prexuízos económicos que, tras case un mes, está a causarlles a protesta.

En declaracións a Campo Galego, o portavoz de Agromuralla asegurou que “seguiremos alí” de forma indefinida ata lograr o seu obxectivo, que non é outro que unha subida dos prezos do leite aos gandeiros. “Desde a Subdelegación do Goberno dinnos que estamos autorizados a manter a protesta na localización actual -ao redor da muralla de Lugo-, sempre que non haxa ningún problema de orde pública”, asegura.

Os empresarios apelan á “Lei Mordaza” para poñer fin á protesta

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Mentres tanto, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Federación de Comercio e Asociación Provincial de Hostalería anunciaron que poñerán o asunto en mans dos seus servizos xurídicos, tras expirar o ultimato que lles deron aos gandeiros para que cambiasen os tractores de localización.

Segundo informan os diarios La Voz de Galicia e El Progreso, as asociacións patronais presentaron un informe na Subdelegación baseado na Lei de Seguridade Cidadá, a coñecida como Lei Mordaza, que establece a retirada de vehículos que invaden a vía pública en concentracións e protestas, o que a xuízo da CEL é o caso dos tractores estacionados na Rolda dá Muralla, nos que se producen problemas de circulación e de seguridade viaria.

Reunión este luns de Agromuralla

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Esta situación creada será analizada, entre outros puntos, na reunión cos gandeiros convocada por Agromuralla para este luns, día 11, ás 15:30 horas no hotel Torre de Núñez.

A reunión está aberta “aos gandeiros que teñades algo que achegar para contrastar as diferentes formas de reivindicar o futuro do sector lácteo”, reza a convocatoria.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada