Leite

Os gandeiros manteñen o bloqueo ao Carrefour da Coruña

Loading ad.
Ad could not be loaded.
11/12/2015 11:15 a.m.

Uns 70 gandeiros e uns 150 tractores manteñen a esta hora o bloqueo indefinido ao centro comercial Carrefour situado na Avenida Alfonso Molina da Coruña. Os gandeiros protestan deste xeito contra o incumprimento do acordo lácteo por parte desta multinacional francesa, ao igual que outras grandes cadeas da distribución como Alcampo ou Dia.

Os produtores critican que a distribución subiulles o prezo do leite aos clientes pero esa suba non se trasladou aos gandeiros, incumprindo o compromiso asinado o pasado 23 de setembro en Madrid para subir o prezo do leite en orixe, que neste momento está en arredor dos 26 céntimos por litro, por debaixo dos custos de produción.

En declaracións a Campo Galego, Óscar Pose, representante de Unións Agrarias na Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego, salienta que “a noite transcorreu con normalidade, sen ningunha incidencia” e que os gandeiros, a maioría procedente das comarcas de Ordes, Arzúa e Ferrolterra, manterán o bloqueo ao centro comercial de forma indefinida ata que Carrefour cumpra o acordo lácteo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“De momento non imos traer máis tractores porque os que hai xa son suficientes e ao longo do día decidiremos que accións informativas levaremos a cabo para informar á cidadanía da nosa situación e pedirlles o seu apoio”, asegura Óscar Pose.

Segundo o representante de Unións Agrarias, a dirección de Carrefour non se puxo ata o de agora en contacto cos gandeiros para recoller as súas demandas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada