Carne

Os gandeiros de Suprema levantan o bloqueo aos matadoiros “como xesto de boa vontade”, á espera de medidas

Din que "agora a pelota está no tellado da Administración e as industrias" e esixen que antes de que acabe este mes se adopten "medidas efectivas que fagan subir o prezo da carne que producen"

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 24/03/2022 1:27 p.m.

[caption id="attachment_168163" align="aligncenter" width="1600"] Os gandeiros, recollendo esta mañá o seu campamento improvisado na entrada a Novafrigsa, en Lugo[/caption]

Despois de 10 días acampados ás portas dos principais matadoiros da comunidade, os produtores de Ternera Gallega Suprema levantaron esta mañá o campamento improvisado que mantiñan en Lugo ás portas de Novafrigsa, ao igual que fixeran nas horas previas no resto de industrias que procesan a súa carne. 

Fano, din, "como xesto de boa vontade" que permita "unha negociación real" entre as partes para fixar un prezo en orixe dos seus animais que cubra o incremento dos custos de produción que se veñen encadeando nos últimos meses.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Con todo, aseguran, "o conflito non se resolverá mentres non se cumpra a Lei da Cadea Alimentaria" e se garanta a viabilidade das súas explotacións. "A pelota está agora no tellado da Administración. Esiximos á Xunta que exerza o seu papel de mediación e involucre ás industrias, á distribución e á IXP nunha solución", reclaman os gandeiros reunidos en torno á asociación Gandeiros Galegos da Suprema. 

Esiximos á Xunta que exerza a súa función e involucre ás industrias, á distribución e á IXP nunha solución

O seu presidente, Santiago Rego, pide que se adopten antes de que acabe este mes "medidas efectivas que fagan que o prezo do tipo de carne que nós producimos suba". Este paquete de medidas atinxirían tanto á Consellería como ao Consello Regulador.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Entre outras cuestións, seguen reclamando unha promoción diferenciada da carne de Suprema a respecto da Ternera Gallega convencional, procedente de cebadoiros industriais, que permita ao consumidor distinguila claramente nos liñais dos supermercados, así como que se eliminen as trabas para que a carne de Suprema poida chegar con maior facilidade aos principais mercados de fóra de Galicia onde é valorada. 

Os animais comezarán a entrar de novo nos matadoiros 

[caption id="attachment_168175" align="aligncenter" width="1600"] Os gandeiros participaron este xoves en Lugo na marcha organizada polos transportistas[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Desde a asociación Gandeiros Galegos da Suprema rexeitan que desde as industrias os acusen de impedir a saída de carne das súas instalacións, algo que estivo condicionado pola folga do transporte, e din que eles simplemente aproveitaron o paro dos camioneiros para "exercer unha labor informativa e de concienciación dos consumidores". 

Desde o día 14 non entrara carne de Suprema nos matadoiros galegos

Desde o luns día 14 os gandeiros deixaron de mandar os seus animais ao matadoiro, algo que se retomará a partir de hoxe para que non falte carne nos liñais dos supermercados e carnicerías e os consumidores non sufran as consecuencias dun posible desabastecemento. 

Para que os animais que nestes días superasen a idade máxima de sacrificio permitida (10 meses) non perdan valor, os produtores obtiveron tamén o compromiso do Consello Regulador para que de forma excepcional se permita que sexan marcados como Suprema durante o tempo que dure o paro do transporte.

Valoracións da Consellería do Medio Rural

Por parte da Consellería do Medio Rural, apúntase a Madrid como lugar onde buscar solucións. Consultada a Consellería sobre as protestas dos gandeiros de Suprema e posibles medidas, Medio Rural sinala que é “consciente da situación pola que está a pasar o sector cárnico” e demanda que “o Ministerio de Agricultura faga cumprir a Ley de la Cadena Alimentaria, facendo efectiva a prohibición de venda a perdas”.

A Consellería insiste en que é o Ministerio quen ten que convocar a industrias, gandeiros e cadeas de distribución para impulsar unha suba de prezos ao longo de toda a cadea, desde as granxas ata o consumidor final.

“Neste sentido, dende a Xunta solicitóuselle ao Ministerio que promova un gran acordo ou memorando de entendemento entre a distribución, a industria e os gandeiros a nivel nacional que faga que distribución e industria habiliten os mecanismos necesarios para incrementar o prezo actual dos contratos de venda dos produtos gandeiros”, conclúen.

Petición dun gabinete de crise en Galicia

Entre tanto, o Sindicato Labrego está a iniciar unha campaña para que a Xunta poña en marcha un “gabinete de crise”, con participación de industrias, produtores e Administración, para afrontar, en primeiro lugar, os problemas derivados da folga de transportes, pero tamén as dificultades que enfronta o sector pola suba de custos de produción.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada