Leite

Os gandeiros buscan aliados entre os consumidores

As organizacións do agro proseguen a campaña informativa ante as cadeas de supermercados, coa que queren concienciar á sociedade sobre a falta de avances na crise láctea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 02/12/2015 10:39 a.m.

“Que non te enganen. A ti subíronche o prezo do leite. A nós non”. Con esta mensaxe clarificadora encabezaron os gandeiros os folletos que están a distribuir esta semana á porta das cadeas de supemercados. Os actos de protesta ante a gran distribución continúan ata o sábado e hoxe, tras a concentración de Lugo (12 horas, centro comercial As Termas), as organizacións que conforman a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo estudarán novas accións.

As mobilizacións contra as cadeas de supermercados iniciáronse o luns en Santiago e onte martes tiveron continuidade na Coruña, onde dous grupos de gandeiros informaron ós consumidores ante o Alcampo e en Catro Camiños, preto dun Gadis, ata onde se desplazaron unha ducia de tractores.

As accións na Coruña, igual que o luns en Santiago, comezaron cun encontro na casa consistorial co alcalde local, Xulio Ferreiro, que compareceu ante os medios de comunicación conxuntamente coa Plataforma para amosar a súa solidariedade co sector produtor.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

"Se un acende a televisión, pode pensar que está caendo unha chuvia de subvencións no campo que non é tal" (Isabel Vilalba, Sindicato Labrego)

Logo os gandeiros desplazáronse ata a proximidade das cadeas de supermercados, onde estiveron informando á cidadanía da situación no campo. “Houbo un apoio maioritario por parte da poboación” –explica a secretaria xeral do Sindicato Labrego, Isabel Vilalba-. “Pensamos que é importante explicarlle á xente a situación real porque ás veces cando se acende a televisión semella que no agro está caendo unha chuvia de subvencións que non é tal” –valora-. “De feito, as axudas da Política Agraria Común (PAC), que perciben os gandeiros de toda Europa, son en realidade unhas axudas que, máis que beneficiar ós produtores, benefician ás industrias, pois facilítaselles que se abastezan de materia prima a moi baixo prezo”.

A Plataforma tamén lle trasladou ós consumidores o paradoxo de que os prezos do leite subiran nos supermercados pero non no campo, onde se seguen a asinar contratos sen subas de prezo. Tamén se lles informou doutro dato significativo: Galicia é a comunidade autónoma de España co prezo do leite máis baixo no campo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada