Carne

Os fabricantes de pensos culpan a China e aos fondos de investimento da subida de prezos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
18/12/2020 6:16 p.m.

A Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos, Agafac, celebrou esta mañá, vía online, a súa asemblea xeral de socios a cuxo termo se analizou a evolución dos prezos das materias primas a nivel mundial. O director de Agafac, Bruno Beade, inaugurou a parte pública da Asemblea Xeral, a última de 2020, cun foro dedicado á situación actual dos mercados e as súas consecuencias a curto e medio prazo.

Os prezos da soia e dos cereais protagonizaron o programa do seminario, onde tamén se abordou a situación económica a nivel xeral provocada pola pandemia. Neste sentido, os expertos e analistas de mercados coincidiron en que os fondos de investimento e China foron os principais responsables das subidas de prezos que experimentaron os mercados.

Andrés Juli Matyszczyk, trader de grans de COFCO Internacional, afirmou no seu relatorio que o xigante asiático "entrou como un elefante nun bazar" pola demanda de gran, o que causou unha subida de prezos no mercado de cereais a nivel mundial. O analista explicou que a demanda se explica, principalmente, porque "a produción de cereais en China baixou para priorizar a produción de soia e as reservas estatais de gran tamén descenderon".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A curto prazo, as previsións, apuntaron os expertos, non son moi optimistas en canto a posibles caídas de prezos. Neste aspecto, Lola Herrera, representante no sur de Europa da USSEC, a Asociación Americana da Soia, sinalou durante a súa intervención que, a pesar de que de forma inmediata "non se aventuran cambios substanciais á baixa", se as previsións nos stocks cúmprense e, por tanto, soben de forma significativa, a situación pode variar e ir á baixa ao longo de 2021.

Tamén fixo fincapé na importancia da sustentabilidade, unha esixencia europea para 2030, que cambiará de forma drástica o comportamento do sector agroalimentario tanto por parte dos fabricantes como polas esixencias dos consumidores.

Cara á tormenta perfecta

A xornada concluíu coa conferencia "Cara á tormenta perfecta: unha crise multinivel e pluriforme agravada pola pandemia", impartida o politólogo e profesor universitario Xosé Luís Barreiro, na que mostrou un escenario económico moi difícil para España.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada