Carne

Os Concellos da Serra do Xistral presentan alegacións diante do Ministerio polos cambios normativos sobre o lobo

Os alcaldes de Abadín, Alfoz, Cervo, Muras, Ourol, O Valadouro, Viveiro, Xermade e Xove, de todas as cores políticas, rexeitan o proxecto de modificación do RD 139/2011 que inclúe o lobo na listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial e no Catálogo Español de Especies Ameazadas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/02/2021 10:29 a.m.

[caption id="attachment_122964" align="aligncenter" width="660"] A Comunidade de Montes de Santo Tomé, no Valadouro, ten unhas 80 eguas. Os ataques do lobo son constantes[/caption]

O proxecto de Orde Ministerial pola que se modifica o Anexo do Real Decreto 139/2011, do 4 de febreiro, para o desenvolvemento da Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial e o Catálogo Español de Especies Ameazadas, segue cultivando rexeitamento en Galicia. Desde distintos ámbitos, tanto desde o sector agrogandeiro como desde a esfera política galega, critícase a decisión do Ministerio para a Transición Ecolóxica de incluír ao lobo neste réxime de especial protección, o que implicaría prohibir a súa caza ao norte do río Douro.

Os últimos en sumarense á onda de críticas son os Concellos da Serra do Xistral, na provincia de Lugo, unha das zonas con maior presencia de lobos de toda Galicia e onde os ataques ao gando son habituais. Os alcaldes de Abadín, Alfoz, Cervo, Muras, Ourol, O Valadouro, Viveiro, Xermade e Xove, de todas as cores políticas, rexeitan a decisión do Ministerio e acaban de rexistrar alegacións ao cambio normativo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A posible inclusión do lobo na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial implica o paso da consideración do lobo como especie regulada polas normas cinexéticas a especie protexida polas leis de patrimonio natural

"A publicación dunha norma xenérica para regular a situación do lobo en toda España, non é efectiva, nin xusta, nin apropiada, dado que, non son uniformes as zonas (hábitats) onde coexiste o lobo con outras especies e coa poboación da contorna, e desta forma, faise necesario contar con estudos pormenorizados que reflictan a realidade existente e determinen as accións necesarias en cada caso específico", esgrimen.

Os alcaldes solicitan no seu escrito conxunto de alegacións "un aprazamento na toma de decisións relativas ao lobo ibérico e a apertura de diálogo con todos os sectores afectados: os Gobernos autonómicos, os Concellos, así como os gandeiros e os seus representantes" e tamén "que se recoñeza a actividade gandeira de cría de cabalos e gando vacún en liberdade no Xistral, así como noutras montañas galegas, como unha actividade económica, patrimonial e cultural a protexer así como os seus beneficios para o medio ambiente e o modo de vida das zonas rurais", para o que piden que "todos aqueles instrumentos normativos e dotación de recursos favorezan a viabilidade desta actividade económica nas mellores condicións, co propósito de frear o seu declive e propiciar a súa recuperación para as próximas décadas".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os ataques ao gando cuadriplicáronse nos últimos 7 anos

"Esta coexistencia entre o cabalo e o lobo prodúcese en contados lugares do planeta (Galicia, Norte de Portugal, Mongolia e poucos outros) e cando se chega ao desequilibrio, feito contrastado, por exceso poboacional do lobo (pasamos de 237 avisos de ataque en 2013 a case 1000 en 2020, sen contar os non denunciados por diversas cuestións) abócase á actividade gandeira ao abandono polo risco de ataques aos seus animais, fundamentais para a conservación de toda a contorna", argumentan os rexedores nas súas alegacións.

No Xistral pasouse de 237 avisos por ataques de lobo en 2013 a un milleiro no ano 2020

Loading ad.
Ad could not be loaded.

"O manexo ancestral que fixeron os poboadores desta serra caracterizouse pola tradición de manter unha gandería extensiva en estado salvaxe ou semi-salvaxe conformada por mandas de cabalos e rabaños de vacas, os cales pastaron en liberdade e preservado a peculiar vexetación deste hábitat. Son os cabalos e vacas que pastan no Xistral, o seu manexo secular, os curros e as rapas unha das maiores manifestacións culturais, etnográficas e turísticas da nosa comarca. Ao noso pesar, este patrimonio natural, económico e cultural-identitario do noso territorio sucumbe por un declive acelerado desta peculiar forma de criar gando equino e vacún en liberdade, nun fenómeno común a outros lugares froito do esquecemento das distintas Administracións estatais e autonómicas, o que leva ao mundo rural ao abandono, despoboamento e cambios de usos máis agresivos no territorio", proseguen.

Risco para a maior reserva de turbeiras de cobertor de Europa

[caption id="attachment_125787" align="aligncenter" width="660"] Bestas nunha zona de turbeiras de cobertor de Montouto. FOTO: Laura Lagos, Proxecto Life in Common Land[/caption]

A Serra do Xistral é un espazo natural incluído na Rede Natura 2000, no que están localizadas o 90% das turbeiras de cobertor de toda Europa, paraxe única e irrepetible, cuxa conservación depende en gran medida da gandería extensiva, en especial do gando equino. "A excesiva presión do lobo sobre esta actividade gandeira extensiva, intensifica a renuncia á mesma, poñendo en serio perigo o ecosistema. A inexistencia ou escaseza do gando equino que nesta zona habita en forma libre (cabalo salvaxe) e que actúa como auténtico limpador ecolóxico, practicando unha roza natural, sitúa en serio risco de incendio ao noso territorio pola invasión de especies altamente inflamables, cuxas consecuencias poden chegar a ser fatais para as turberas", indican.

O lobo é só un habitante máis da súa contorna. Non é o único problema nin a única solución

Dada a importancia que ten a Serra do Xistral os alcaldes piden "que se considere por parte do Goberno do Estado e do Goberno autonómico este territorio como un enclave natural prioritario na posta en marcha de actuacións e investimentos para xerar experiencias e modelos demostrativos que fagan viable este tipo de gandería e a súa coexistencia co lobo". Finalmente piden que se implementen os mecanismos necesarios para a coordinación entre os Ministerios competentes, así como cos Gobernos autonómicos, os Concellos afectados e os axentes sociais para a posta en marcha de "estudos técnicos que determinen as pautas para seguir nos próximos anos para alcanzar o obxectivo real do reequilibrio natural dos ecosistemas", debido a que, aseguran, "o lobo é só un habitante máis na súa contorna".

[box style="0"]

Anuncio de concentración

Desde o ámbito das organizacións agrarias, Unións Agrarias anuncia tamén alegacións e unha concentración ante a Delegación do Goberno, probablemente o 9 de marzo, aínda que a data depende da evolución da pandemia. A organización tamén cuestiona que a Consellería de Medio Ambiente teña sen pagar "todas as indemnizacións por danos de lobo correspondentes ó 2020 e parte das do 2019", polo que non descarta outros posibles actos de protesta ante a Consellería.

O aumento da protección do lobo xerou nas últimas semanas unha reacción maioritaria de oposición no agro. No ámbito estatal, Asaja, Upa (a matriz de Unións Agrarias) e Coag están protagonizando accións de protesta unitarias. En Galicia, a maiores da concentración anunciada por Unións, tamén expresaron a súa oposición á medida a Asociación Agraria de Galicia e a Asociación de Gandeiros do Macizo Central de Ourense (Agromacen), entre outros colectivos.

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada