Carne

Os chefs alemáns visitan Galicia para coñecer “Ternera Gallega”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
18/07/2015 11:33 a.m.

No marco das accións promocionais que a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega está a levar a cabo a nivel internacional, a Denominación está inmersa na organización de misións comerciais inversas para achegar a carne que ampara a potenciais compradores xermanos.

Unha ferramenta de promoción e comercialización efectiva para posicionar Ternera Gallega en Alemaña. Para iso, unha delegación conformada por prestixiosos restauradores alemáns da primeira rede culinaria xermana, ChefHeads, que integran más de 700 socios de todo o país xermano, visita estes días Galicia para coñecer de primeira man as características produtivas e o control de calidade da carne amparada por Ternera Gallega.

Con esta iniciativa dáse continuidade así ao labor promocional que a Denominación levou a cabo os pasados meses de maio e xuño no país xermano, en cidades tan destacadas como Berlín, Colonia, Ahaus, Hamburgo ou Witlich, a través de reunións co sector comercial cárnico, coa gran distribución, coa restauración e os medios de comunicación especializados.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada