Carne

Os cabalos para vida acadan un prezo medio de 1.275 euros na Feira Cabalar da Ascensión

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 31/05/2019 10:59 a.m.

O recinto feiral de Amio acolleu a tradicional Feira Cabalar das festas da Ascensión. A cita congregou 352 cabezas de gando equino (206 animais para a vida e 146 para sacrificar). A elas sumáronse 40 reses de gando asnal, 7 de gando ovino menor e 8 de caprino. O volume de ventas no mercado, celebrado onte xoves, foi de 403.500 euros.

En canto ás cotizacións do gando equino, o prezo medio dos cabalos e eguas para a vida acadou os 1.275 euros, namentres o gando cabalar para abasto situouse nun prezo medio de 770 euros. Así, o volume económico de vendas do gando equino foi de 375.070 euros ( 262.650 euros dos animais para a vida e 112.420 euros dos animais para o sacrificio).

Os asnos cotizáronse de media a uns 670 euros, o que permitiu un volume económico de 26.800 euros. No referido ó ovino menor vendeuse de media a 70 euros e o caprino menor a 80 euros. No caso do ovino menor, as vendas foron de 490 euros e as transaccións totais do gando ovino chegaron ata os 990 euros. Namentres, as ventas do gando caprino foron de 640 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada