Agricultura

Os agricultores da Limia esixen que se cumpran os compromisos de mellora do regadío

Loading ad.
Ad could not be loaded.
20/04/2018 7:19 p.m.

A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal) ven de esixir ás distintas administracións que cumpran os seus compromisos para modernizar e ampliar os regadíos na comarca, unhas obras que levan sendo anunciadas por distintos gobernos dende hai unas 20 anos pero que non chegaron a executarse debido ás trabas burocráticas e desacordos entre administracións.

Como primeiro paso, dende Adegal demandan que este ano se realicen os sondeos de investigación das captacións nun total de vinteseis puntos localizados e distribuídos na superficie a regar que ocupan as comunidades de regantes Corno do Monte, Alta Limia, Lamas-Ganade e San Salvador de Sabucedo.

“Esto sería un primeiro que obrigaría posteriormente á Consellería de Medio Rural a que executase os 20 millóns de euros que ten orzamentados para estas obras, e que inclúen a electrificación da rede de bombeo dende os pozos, construción de arquetas e balsas, ata a chegada ás parcelas, onde se realizaría un regadío por precisión para optimizar o uso da auga”, explican dende Adegal. “Se as obras se fan sen trabas, sería razoable pensar que en 3 ou 4 anos deberían estar rematadas”, engaden.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Deste xeito, estas obras suporían ampliar o regadío en 4.150 hectáreas, incrementando a produtividade agrícola. Actualmente, pouco máis de 600 hectáreas das comunidades de regantes de Antioquía e Lagoa de Antela contan oficialmente con sistema de regadío na que é a primeira comarca agrogandeira de Galicia.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada