Agricultura

Os agricultores da Limia apuran a sementeira da pataca

Loading ad.
Ad could not be loaded.
20/05/2019 11:04 p.m.

Estes días son de intensa actividade na comarca da Limia, a principal produtora de pataca y de cereal en Galicia. E é que o tempo solleiro que se prevé para esta esta semana é aproveitado por moitos agricultores para plantar a pataca. Xa vai máis do 50% plantado e este ano prevese que a superficie se incremente lixeiramente con respecto ao ano pasado, sobre todo por parte de pequenos produtores, e chegue ata cerca das 3.500 hectáreas .

Amador Díaz Penín, presidente da Asociación de Produtores de Pataca da Limia, que agrupa a arredor do 80% dos agricultores profesionais e da produción de pataca da comarca, recoñece que “de momento a sementeira da pataca vai en tempo, agora está en algo máis do 50% da superficie co que a remataríamos a finais deste mes”. As fincas da zona central da Lagoa, as que acumulan máis auga, son a que se deixan para o final.

En canto aos prezos da pasada campaña, recoñece que “para moitos produtores que tiñan o prezo e as cantidades pactadas por contrato co almacenista foi un ano moi malo, xa que a produción reduciuse ata nun 40% e o prezo mantívose en arredor de 14 céntimos o quilo. Pola contra, para os que non están en contrato e venden por libre foi un ano expectacular xa que os prezos chegaron ata os 45 céntimos por quilo”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Campaña de cereal

En canto á campaña de cereal, o segundo gran cultivo da comarca e que se rota coa pataca, o presidente da Asociación de Produtores de Pataca da Limia asegura que “o que se sementou en inverno, se non hai adversidades climatolóxicas, está indo ben”. Pola contra, o de primavera, que se sementa sobre o mes de marzo, “houbo moita xente que tivo que volver sementalo debido ás intensas choivas de abril, que provocaron que os grans non xerminasen”, asegura.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada