Leite

Ofrécese posto de traballo en explotación láctea de Mesía

Gandería Carro SL, con 150 vacas en produción, busca un empregado para realizar labores de muxido, alimentación e limpeza

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 02/12/2021 9:16 a.m.

[caption id="attachment_158737" align="aligncenter" width="744"] Nave de produción de Gandería Carro SL, en Boado (Mesía)[/caption]

Gandería Carro SL, unha explotación familiar de produción de leite ubicada na parroquia de Boado, no concello de Mesía, precisa dun empregado para labores de apoio no día a día da granxa. 

A persoa que opte ao posto de traballo deberá realizar tarefas de muxido en sala e atención dos animais, entre outras, alimentación do gando e limpeza das instalacións. A xornada laboral é partida en horario de mañá e tarde, coincidindo cos momentos de muxir.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Non se ofrece vivenda, polo que o empregado ou empregada deberá dispor de carnet de conducir e vehículo propio para desprazarse até a explotación. 

[caption id="attachment_158740" align="aligncenter" width="766"] Zona de boxes de recría da explotación[/caption]

Esta gandería, con 300 cabezas de gando (150 delas en produción), conta ademais con outro empregado, co que se coordinarán os periodos de descanso, libranzas e vacacións. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As persoas interesadas en optar a este posto de traballo poden poñerse en contacto con José Manuel chamando ao número de teléfono 686980153

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada