Desenvolvemento rural

As oficinas agrarias comarcais pasarán a chamarse oficinas rurais

23/12/2022 8:41 a.m.

O Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto da Consellería do Medio Rural polo que se establece a súa estrutura orgánica e que refunde modificacións anteriores.

Entre as novidades máis salientables está o cambio de denominación das oficinas agrarias comarcais, que pasarán a ser oficinas rurais.

Doutra banda, destaca tamén a supresión da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural que se integrará na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

“Como consecuencia da supresión, que está supeditada á aprobación dos novos estatutos da Axencia- actualmente en tramitación-, redúcese o número de centros directivos da Xunta ao tempo que se gaña en eficiencia na utilización dos recursos públicos mantendo, ademais, as mesmas competencias”, explican desde Medio Rural.

Etiquetado
Ir a la portada