[caption id="attachment_161570" align="aligncenter" width="660"]
Finca O Costal, unha explotación de gando ovino adicada á produción cárnica e ubicada en Ribadeo, precisa incorporar persoal para as tarefas da granxa.
Os traballos a levar a cabo consisten no coidado do gando e o mantemento da finca. O horario laboral é de 8 horas diarias en xornada partida e cunha fin de semana ao mes de garda non presencial.
A explotación conta con outros dous empregados máis e xestiona 150 cabezas e 24 hectáreas de superficie, das que 10 están plantadas con árbores autóctonas.
Recuperación paisaxística en Rede Natura
O Costal é un proxecto de recuperación paisaxística e produtiva iniciado no ano 2014 a carón da ría de Ribadeo por un empresario privado e que mantén acordos de colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias para a realización de prácticas por parte dos alumnos deste centro, dependente da Xunta.
Desde a posta do proxecto no 2014 foi substituída a vexetación existente, sobre todo eucaliptos, por árbores autóctonas, coa plantación de máis de 5.000 pés, recuperando hábitats para aves neste entorno declarado zona ZEPA e Rede Natura 2000.
No relativo á produción gandeira, a explotación forma parte de Ovica (Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia).
As persoas interesadas no posto de traballo ofertado poden poñerse en contacto con Jose Antonio no teléfono 660 252 841.