Leite

Oferta de emprego nunha gandería de leite de O Páramo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 19/02/2021 9:46 a.m.

A gandería Pena Guisande SC, do concello lucense de O Páramo, busca un empregado para colaborar nas tarefas diarias desta granxa de leite.

As funcións a desempeñar céntranse principalmente no muxido das vacas, así como, de xeito complementario, deberá colaborar coa realización do resto de traballos da gandería, como a alimentación do gando, o mantemento das camas, a limpeza dos silos…

A gandería conta cunhas 400 cabezas de gando das que ten 240 en muxido. A intención é que a persoa contratada se encargue do muxido dunha parte do rabaño, que se atopa nunha granxa próxima ás instalacións principais. Polo momento, o muxido realizarase en sala, pero na gandería están pendentes da instalación dun robot de muxido, polo que unha vez que o fagan tratarase de supervisar o funcionamento deste.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nestes momentos, na gandería xa teñen contratado outro empregado que colabora xunto cos propietarios na atención do gando, pero dada a carga de traballo actual están buscando incrementar o cadro de persoal.

Ademais, dende a gandería tamén informan de que o empregado poderá optar a alugar unha vivenda próxima á granxa. As persoas interesadas nesta oferta poden poñerse en contacto con Adrián chamando ó teléfono 680 84 81 88.

Ó igual que esta granxa, outra gandería familiar situada no Páramo tamén está a procurar un empregado para colaborar no muxido e as tarefas diarias. Neste caso trátase dunha gandería de menor tamaño, cuns 40 animais en muxido, que precisa incorporar persoal.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada