Leite

Obxectivo de recuperación de terras para o leite, 35.000 hectáreas

O Plan Estratéxico do Sector Lácteo Galego 2020 – 2025 marca como un dos principais retos a mellora da base territorial das granxas. Promover a continuidade das explotacións sen relevo é outro dos desafíos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/12/2020 8:17 p.m.

O sector leiteiro galego presenta importantes fortalezas, pois é a décima rexión de toda a Unión Europea en produción de leite, pero tamén ten debilidades significativas. Entre elas, salienta a escasez de base territorial en Galicia en comparación coas grandes rexións lácteas de Europa. Cada granxa galega ten de media 25 hectáreas, repartidas nunhas 60 parcelas, cunha superficie de 0,4 hectáreas por finca.

Un informe elaborado polas Universidade de Santiago e pola Uvigo considera que o sector lácteo galego podería aumentar a súa superficie agraria útil nunhas 53.600 hectáreas, o que suporía un crecemento dun 26,5%. Existen en toda Galicia arredor de medio millón de hectáreas abandonadas que son recuperables para o agro, segundo ese informe, das cales 110.000 corresponden a terras aptas tanto para cultivos como para prados, e o resto sería apta, en diferentes graos, para prados.

As principais terras abandonadas de valor, aproveitables para cultivos e prados, sitúanse no occidente da provincia da Coruña (ver mapa), en tanto un segundo nivel de terras válidas para prados poderíase recuperar tamén na zona occidental de Lugo, no interior da Coruña e en zonas con menor tradición leiteira, como o val do Miño ou Verín, que terían capacidade para acoller novos proxectos lácteos (ver mapa).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_132479" align="aligncenter" width="660"] Terras abandonadas con aptitude para cultivos e prados (mapa da esquerda) e para prados (mapa da dereita).[/caption]

En consonancia con ese escenario, o Plan Estratéxico 2020 – 2025 para o sector lácteo propón a recuperación de 35.000 hectáreas de terras agrarias para as granxas de leite. Esa medida permitiría que as granxas galegas continuasen a medrar nos próximos anos cunha menor dependencia de compras de alimento externo.

O aumento da base territorial sobre terras abandonadas posibilitaría reducir ademais a presión de carga gandeira, que é especialmente significativa nos 20 concellos galegos con maior produción láctea, pois sitúase en arredor de 2,05 unidades de gando maior por hectárea, existindo nalgún deles cargas próximas a 3 unidades por hectárea.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[box style=”0”]

Principais concellos en produción de leite

O ránking dos 10 concellos con maior produción de leite encabézao Mazaricos, seguido da Pastoriza, Lalín, Castro de Rei, Santa Comba, Frades, Sarria, Arzúa, Cospeito e Mesía.

Se a estes concellos se lle une tamén a produción dos dous seguintes, Guntín e Pol, a suma da produción destes doce concellos supera en produción a Castela e León, segunda comunidade autónoma con maiores entregas de leite en España.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A explotación media de Galicia produce 340 toneladas de leite ao ano, con 42 vacas e 22 becerras en recría.

[/box]

Transmisión de granxas sen relevo

O Plan Estratéxico do Sector Lácteo Galego, coordinado pola Fundación Juana de Vega, marca outro obxectivo importante en relación coa base territorial, como é o de promover a continuidade de granxas viables sen relevo xeneracional.

Con esta medida trataríase de evitar a perda de superficie agraria e de investimento produtivo realizado. Arredor do 40% das granxas galegas teñen como titular a unha persoa de máis de 55 anos que, no caso de non ter sucesión, pechará nos próximos dez anos.

Un factor que dificulta a transmisión das explotacións é a súa forma xurídica, pois na maioría non hai separación do patrimonio persoal co das explotacións. O 71% das granxas son titularidade de persoas, un 21% de sociedades civís, un 3,5% Sats, un 0,7% cooperativas e só un 1’8% ten unha forma xurídica mercantil, como unha sociedade limitada.

Na presentación do Plan Estratéxico do Sector Lácteo, realizada recentemente, a Xunta reiterou a súa intención de crear un Banco de Explotacións para promover o relevo de granxas que cesan na actividade sen substitución.

Aumento do pastoreo e da produción ecolóxica

De xeito paralelo ó aumento de base territorial, o Plan Extratéxico considera que é posible para parte das granxas reorientar a súa produción cara modelos máis sostibles. Nunha enquisa realizada a gandeiros, só o 4,6% manifestou producir en base a pastoreo, pero un 28% dos enquisados considera que podería pasarse a ese tipo de produción ou a ecolóxico. A porcentaxe aumenta en granxas pequenas, cun sistema máis facilmente adaptable.

En canto á produción ecolóxica, que na actualidade representa o 0,6% da total, o Plan entende que é posible duplicar esa porcentaxe nos próximos cinco anos.

[box style=”0”]

Formación e calidade de vida no rural

Outros dous obxectivos estratéxicos do Plan ligados co tecido produtivo sitúanse na formación e na mellora da calidade de vida no rural.

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada