Forestal

Obradoiro práctico de sanidade vexetal no cultivo do castiñeiro

Campo Galego 05/10/2023 11:04 a.m.

O Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense organiza un obradoiro práctico sobre a sanidade vexetal no cultivo do castiñeiro. A xornada celébrase o vindeiro luns, día 9 de outubro, en quenda de tarde, de 15.30 a 19.30 horas. Polo seu carácter práctico terá lugar nos soutos do concello ourensán de Maceda. O punto de encontro dos participantes é o Castelo de Maceda.

No curso abordarase o seguimento fitosanitario das plantacións de castiñeiro, co obxectivo de lograr mellorar o seu estado sanitario. Explicarase a aplicación de técnicas de prevención e integradas que permitan tanto o seguimento como a curación das principais doenzas.

O obradoiro estará impartido por Miguel Ángel Vázquez De la Mata, responsable de Viveiros Castanea Sativa. A xornada está dirixida a persoas que desenvolvan actividades nos sectores agrarios, alimentario e forestal, cuxo ámbito de actuación sexan zonas rurais. As persoas interesadas en participar deben realizar a presolicitude na oficina virtual de Medio Rural. Tamén poden solicitar máis información sobre a xornada enviando un email a jose.manuel.novoa.blanco@xunta.gal ou chamando ó 988 386 516.

Etiquetado
Ir a la portada