Forestal

Obradoiro de poda de castiñeiro organizado polo Distrito Forestal Lugo-Sarria

Esta acción formativa entra nos cursos de formación "Cadeiras de divulgación forestal".

08/10/2023 9:56 a.m.

O Distrito Forestal IX Lugo-Sarria organiza un obradoiro de poda de castiñeiro para o 28 de outubro na cidade de Lugo.

Concretamente, as aulas impartiranse no polígono industrial das Gándaras. A formación estará a cargo de Pablo Antonio Fraga Gontán, enxeñeiro agrónomo especialista en castiñeiro. Este obradoiro figura dentro dos cursos de formación "Cadeiras de divulgación forestal, Outono 2023".

A preinscrición pode realizarse en: https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

Información:
distrito.forestal9@xunta.gal
982828620
@Dist_Forestal9

Etiquetado
Ir a la portada