Forestal

Obradoiro de poda de castiñeiro e de nogueira para producir madeira de alto valor

A Asociación Forestal de Galicia desenvolverá a actividad o martes 1 de xuño no Monte Demostrativo do Pico Sacro (Boqueixón, A Coruña)

Campo Galego 21/05/2021 7:56 p.m.

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) desenvolverá o martes 1 de xuño un curso práctico sobre poda de formación de castiñeiro e de nogueira para a produción de madeira de alto valor. A actividade, que se desenvolverá no Monte Demostrativo do Pico Sacro (Boqueixón, A Coruña), busca promover unha correcta silvicultura nas plantacións de frondosas caducifolias orientadas á produción de madeira.

O obradoiro será impartido polo enxeñeiro de montes e director da Asociación Forestal de Galicia Francisco Dans. A actividade desenvolverase en horario de tarde, a partir das 17 horas, e terá unha parte teórica e outra práctica.

Todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán poñerse en contacto previo coa oficina da AFG en Santiago (teléfonos 981 564 011 e 618 752 214, correo electrónico: afg@asociacionforestal.org).

Monte Demostrativo do Pico Sacro
O proxecto do Monte Demostrativo do Pico Sacro, impulsado pola Asociación Forestal coa colaboración do grupo Inditex, ocupa 18 hectáreas de monte e superficie agraria en Boqueixón. A iniciativa, posta en marcha na primavera do 2018, funciona a modo de Escola de Silvicultura, combinando a produción de madeira de frondosas co aproveitamento de cogomelos e froitos do bosque, así coma con cultivos agrarios.

Etiquetado
Ir a la portada