Leite

Obradoiro de manexo da aplicación RAX para abonado

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/10/2015 2:28 p.m.

O vindeiro día 20 de outubro celebrarase no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) un taller de prácticas sobre manexo da aplicación web RAX de recomendacións de abonado con xurros e utilización de métodos rápidos para determinación de nutrientes en xurro de vacún de leite e solo.

O taller está dirixido a todas as persoas interesadas no sector agrario. Celebrarase o día 20 en horario de 9:30 a 15:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas.

As solicitudes de asistencia presentaranse no CIAM antes das 14:00 horas do día 14. Pódense enviar por mail a maria.isabel.garcia.pomar@xunta.es ou por fax no 881 881 800. O número de prazas é limitado e a aceptación é por rigorosa orde de chegada.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada