Agroalimentación

Obradoiro básico teórico e práctico de elaboración de queixos este xoves en Lugo

25/10/2023 4:54 p.m.

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC celebra nas súas instalacións este xoves 26 de outubro, a partir das 9.00 horas, un obradoiro básico de elaboración de queixo que inclúe formación teórica e práctica.

A inscrición nesta actividade, incluída no Plan de Formación do Campus Terra 2023 e orientada a alumnado e tamén a axentes do sector produtivo,  é de balde e xa permanece aberta en liña. As prazas son limitadas e o taller será impartido por técnicos da APLTA.

O programa formativo desenvolverase en quenda de mañá, de 9.00 a 15.00 horas. Nas sesións teóricas, as persoas participantes poderán ampliar coñecementos respecto da distinta tipoloxía de queixos: frescos, pasta branda, pasta prensada, pastas azuis, pastas floridas, pastas filatas, queixo fundido...

As clases prácticas permitirán ao público asistente ser protagonista do proceso de elaboración dun queixo tipo Arzúa-Ulloa e coñecer así de primeira man os distintos procesos que van desde a preparación do leite, coagulación, corte-axitación, deslactosado-salgadura, preprensadura-moldeamento-prensadura-desmoldeamento, secado e maduración.

Enlace á inscrición

Etiquetado
Ir a la portada