Leite

O xulgado retén pagos de Pascual a Clea en tanto ésta non subsane débedas cos gandeiros

Unións Agrarias insta á Xunta a suspender as axudas a firmas morosas coas granxas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 22/07/2019 2:25 p.m.

As débedas que a industria láctea Clea (Rábade, Lugo) mantén cun grupo de gandeiros desde hai meses están en fase de solución. O xulgado de Lugo ordenou a retención cautelar de pagos de Pascual a Clea co fin de atender unha débeda de Clea denunciada por unha granxa. Este é o primeiro caso de impago de Clea que se resolve no xulgado de Lugo e desde Unións Agrarias esperan que nas próximas semanas se solucionen na mesma liña outros casos similares. A organización ten presentadas un total de cinco reclamacións de explotacións por importe de 50.000 euros.

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, que se felicita por esta primeira sentencia favorable, insta agora á Xunta a bloquear as axudas que está recibindo Clea en tanto non se subsanen as débedas coas granxas. “A Xunta ten que deixar de entregarlle axudas a empresas que teñan procesos xudiciais abertos por impagos coas granxas”, reclama a organización agraria.

Unións, que sinala que o auto xudicial precisa que Clea mantén un certo ‘modus operandi’ de non atender os pagos cos seus gandeiros nos últimos meses, demanda contundencia da Administración autonómica.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A organización agraria considera tamén positivo que o xulgado ordenara a retención cautelar dos pagos de Pascual a Clea, pois é un xeito de solucionar os impagos de industrias acreedoras. Pascual trata nas instalacións de Clea parte do leite que recolle en Galicia, previamente ó seu envío á súa planta de Aranda del Duero (Burgos).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada