Viña

O vermú galego Nordesía premiado no concurso internacional de Bruxelas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/09/2016 7:26 a.m.

A gama de vermús Nordesía fórmula orixinal Tinto e Branco foron galardoados con senllas medallas de ouro no prestixioso certame mundial de viños e espirituosos, Concours Mondial de Bruxelles, que se deron a coñecer este martes.

O xurado composto por 53 expertos internacionais de 29 países diferentes, catou ao redor de 10.000 viños e espirituosos de todo o mundo, e puxo en valor o saber facer de Nordesía que se ve reflectido na personalidade dos seus vermús.

En 2013, Xoán Torres, José Luis Méndez e Pepe Albela decidiron sacar, tras o éxito conseguido previamente coa xenebra Nordés, o primeiro vermú elaborado en Galicia baixo a marca Nordesía baseado na mesma filosofía que os seus anteriores produtos, apostaron pola elaboración dun vermú vínico baseado na orixe.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Tras anos de investigación, decidiron lanzar un vermú propio e comezaron coa elaboración do vermú branco, aproveitando as características propias do Albariño, un vermú afrutado que homenaxease aos brancos galegos máis clásicos e máis recoñecidos internacionalmente. Tras el chegou o Tinto, que xeraba máis sorpresa, pois tratábase do primeiro vermú feito con Mencía, rompía co corte de vermú tradicional, pois o uso dunha uva tinta non é o habitual. “O resultado, desde a cor en copa, ata a cata, cos toques de cereixa e froita vermella tan característicos da variedade, sorprenderon moito inicialmente”, comenta Pepe Albela que lembra como hai dous anos o branco foi recoñecido neste mesmo concurso cunha medalla de prata. “Estamos moi contentos con que ambos fosen galardoados cun ouro nesta ocasión”, asegura Pepe Albela.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada