Leite

O Tribunal Supremo ten que decidir se legaliza un prezo en orixe do leite por debaixo de custos

A Federación Nacional de Industrias Lácteas presentou un recurso contra a Ley de la Cadena Alimentaria co argumento de que a normativa europea establece a “libre negociación de prezos”. Unións Agrarias persoouse ante o Tribunal para defender a prohibición da venda a perdas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 03/06/2023 5:57 p.m.

Hai agora ano e medio que se modificou a Ley de la Cadena Alimentaria para prohibir que calquera alimento se merque en orixe a un prezo inferior ós custos de produción. A mesma disposición aplica para as transaccións entre industrias e cadeas de distribución, de xeito que esa venda non pode facerse a un prezo que non cubra os custos de produción da industria. Pero a Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) presentou un recurso contra tal normativa.

A Fenil considera que a prohibición de comprar leite no campo por baixo do seu custo de produción vai contra a normativa europea que establece a “libre negociación de prezos”. Ademais, asegura que “en situacións puntuais de claro exceso de oferta, algo que se produce de xeito cíclico, os produtores non van poder baixar os seus prezos por debaixo dos custos para garantizarse a recollida”, valoran.

En vista dese recurso da Fenil, Unións Agrarias decidiu persoarse no Tribunal Supremo coa presentación de informes periciais para defender a prohibición da venda a perdas. “A prohibición da venda a perdas trátase dun elemento axustado a dereito que debe seguir plenamente en vigor, cumpríndose e facéndose cumprir polas autoridades responsables”, defende o secretario xeral da organización, Roberto García, que estivo esta semana no Supremo xunto con Félix Porto, Óscar Pose e o equipo xurídico da organización.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

García considera que o problema radica en que as industrias néganse a pagar prezos xustos. “Queren seguir exercendo un dereito de pernada”, cuestiona, para a continuación tachar de “eticamente impresentable” o comportamento das industrias. “Prefiren que a distribución lles impoña a elas os prezos do leite para logo eles trasladarlle esas baixadas ós gandeiros”, conclúe.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada