Agricultura

O SPTR: Unha ferramenta clave para a agricultura de precisión

O Servizo de Posicionamento en Tempo Real de España (SPTR) é un servizo gratuíto para o xeoposicionamento en toda España que permite unha ampla precisión. Un 60% dos usuarios rexistrados pertencen ao sector da agricultura

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 03/03/2024 4:46 p.m.

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) desenvolve e mantén un servizo de correccións diferenciais con cobertura en toda España coñecido como Servizo de Posicionamento en tempo Real (SPTR), o cal opera de forma continua permitindo alcanzar unha precisión no posicionamento da orde duns poucos centímetros. Isto permitiu, entre outras, o desenvolvemento da agricultura de precisión grazas ao coñecemento da posición dunha forma precisa.

O sinal transmitido de forma directa polos satélites dos sistemas GNSS -Sistema Global de Navegación por Satélite-, permite alcanzar unha precisión no posicionamento de varios metros de forma instantánea, a mesma que logramos por defecto cando usamos o receptor GNSS do noso teléfono móbil.

Esta é unha precisión suficiente para navegación, pero non para actividades que esixen unha centimétrica como a requirida polo guiado de maquinaria agrícola de forma autónoma en campos de cultivo como sucede na agricultura. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por este motivo, desenvolvéronse os sistemas de cálculo e transmisión de correccións diferenciais que operan corrixindo esa posición inicial para obter despois unha de maior precisión, da orde dun par de centímetros. Estes sistemas baséanse na utilización dos datos que provén as estacións permanentes GNSS distribuídas polo territorio e cuxas coordenadas é imprescindible coñecer coa máxima precisión posible.

Aplicacións e usos do servizo

Os usuarios rexistrados no Servizo de Posicionamento en Tempo Real forman parte de sectores moi plurais, desde a enxeñaría civil, ao medio ambiente ou a agricultura de precisión.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Actualmente hai máis de 12000 usuarios rexistrados existindo un crecemento continuo e lineal nos novos rexistros principalmente por parte de usuarios pertencentes ao sector agrícola. Na seguinte imaxe pódese ver a distribución xeográfica de usuarios no mes de xaneiro de 2024 por área de actividade. 

Conexións por área de actividade no mes de xaneiro de 2024./ Fonte: Rede de Infraestructuras Xeodésicas (RIG)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Na actualidade, en torno ao 60% dos usuarios rexistrados pertencen ao sector agrario. O IGN está a efectuar tarefas de difusión do Servizo para dalo a coñecer a todos aqueles que estean interesados, así como para resolver todas aquelas cuestións que poidan exporse.  

Do mesmo xeito, “a navegación autónoma de vehículos converterase nos próximos anos en algo cotián na tecnoloxía automobilística, e o SPTR pode ser unha opción fundamental para o desenvolvemento deste xeito de navegación en España. O uso do SPTR, co resto dos sistemas de control do vehículo, permitirán que o guiado sexa moito máis seguro”, sinalan desde a Rede de Infraestructuras Xeodésicas (RIG).

O SPTR, servizo fundamental na agricultura de precisión. / Fonte: Cedida por John Deere

En canto ao desenvolvemento do sistema nos vindieros anos, “é previsible o aumento da súa importancia dado o incremento de posibles aplicacións que se poden engadir ás anteriormente citadas, dificilmente imaxinables na actualidade”, avanzan. 

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada