Desenvolvemento rural

O SLG ofrece en liña as formacións introductorias á agricultura e á gandaría ecolóxicas

O prazo de inscrición estará aberto até o 1 de outubro.

21/09/2023 12:10 a.m.

O SLG ofrece dúas formacións online destinadas ás persoas interesadas en comezar na agricultura e gandaría ecolóxicas. Ambas as dúas aulas serán impartidas desde o Campus virtual do Sindicato Labrego Galego.

Os cursos serán emitidos durante o mes de outubro en diferentes xornadas. A aula sobre introdución á agricultura ecolóxica impartirase os días 4, 11, 18 e 25 de outubro en horario de 10:00 a 13:00 horas. Sobre o curso de introdución á gandaría ecolóxica o horario será de 17:00 a 20:00 horas. A inscrición pode realizarse até o día 1 de outubro.

Para inscribirse no curso de introdución á agricultura ecolóxica pode facerse no número: 672009854, no enderezo electrónico: formacion@sindicatolabrego.gal, ou no enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSewkTWAEY915H2wTz3hc_xo9ur_7us5Q022O5yABqqmfw4lTw/viewform

No caso do curso de introdución á gandaría ecolóxica a inscrición pode realizarse no número: 604026536, tamén no enderezo electrónico: formacion@sindicatolabrego.gal, ou no enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScjevlG8xV_frjS8Zkusm_RrmEpK_4Nz1Z_A8PGmObSO0CYjA/viewform

Etiquetado
Ir a la portada