Carne

O SLG e Mercadona crean un grupo de traballo para o sector cunícola

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/09/2016 10:26 a.m.

COAG, organización agraria da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, mantivo este xoves en Madrid unha xuntanza bilateral con directivos de Mercadona para analizar a situación do sector cunícola e compartir inquedanzas e posíbeis actuacións de mellora, tanto da produción como na distribución, ante a crise de prezos que arrastran os produtores dende hai máis dun ano.

Ambas partes coincidiron en que a conxuntura do sector cunícola é crítica e consideran necesario dar unha viraxe a esta situación, de tal maneira que se asegure a sostibilidade da cadea de valor do coello.

Neste sentido, ambas partes chegaron a unha serie de compromisos en aspectos como a mellora da interlocución entre produción e distribución, unha aposta por novos formatos da carne de coello e unha mellora nos contratos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nesta liña, dende COAG e o SLG salientan que “abrimos unha canle de comercialización permanente con Mercadona, (....) de xeito que se creará un grupo de traballo da nosa organización agraria coa empresa de distribución cuxo obxectivo será o de crear propostas e analizar a repercusión e o acerto das medidas que xa se teñan posto en marcha”.

Reunión a finais de setembro

Ademais, entre outros aspectos, dende COAG/SLG propuxeron na xuntanza que se estuden a elaboración de novos formatos na presentación da carne de coello no punto de venta coa fin de procurar unha maior apetencia á hora da compra por parte de consumidores e consumidoras; ou impulsar unha reunión de todo o sector cunícola a finais do mes de setembro para falar sobre campañas de promoción, novos formatos de presentación, INTERCUN e a cadea de valor.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Cunicarn demanda contratos entre distribución e industria para dar seguridade aos produtores”

Tanto dende a organización agraria, como dende Mercadona, coinciden en que se debe procurar aproveitar as sinerxias nas campañas de promoción que leve a cabo o sector, de tal maneira que se unan esforzos e melloren os efectos das estratexias de comunicación.

Por último, Cunicarn, presente na xuntanza, recordou que cómpre estender a formalización de contratos no sector cunícola para dar seguridade xurídica á parte gandeira e tamén á industrial, xa que así o establece a lei 12/2013 de Mellora do Funcionamento da Cadea Alimentaria.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada