Leite

O SLG denuncia demoras de varios días na recollida de cadáveres animais nas granxas de Ourense

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/03/2018 7:10 p.m.

O Sindicato Labrego Galego denuncia que está a recibir cada vez máis queixas polas deficiencias na recollida de cadáveres de animais nas granxas da provincia de Ourense. Unha das queixas máis recorrentes neste servizo xestionado pola empresa Gesuga (Gestora de Subproductos de Galicia SL) é a das longas demoras á hora de vir retirar os animais mortos das explotacións, cos riscos para a saúde pública que isto entraña.

“Comeza a ser habitual que, unha vez notificada a morte do animal, a recollida chegue a atrasarse varios días, sobre todo se a morte se produce en fin de semana. Sen ir máis lonxe, o pasado venres 9 de marzo, un afiliado do Sindicato Labrego Galego chamou a primeira hora da mañá para notificar a morte dunha vaca na súa granxa de Teixeira (Maceda). O luns 12 de marzo tivo que chamar de novo, habida conta de que o cadáver seguía na granxa, co evidente perigo como foco de infeccións que supuña. Ao final, Gesuga retirou a vaca a última hora da mañá dese luns, transcorrendo máis de 72 horas dende a primeira notificación”, denuncian dende a organización agraria.

“Estas demoras son inxustificables e a Consellería debería darlle un toque de atención á concesionaria”

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para o Sindicato Labrego Galego, estas demoras na recollida de cadáveres animais “son inxustificables, e non serve a escusa da fin de semana porque en cuestións sanitarias e de saúde pública os servizos deben estar activos os 365 días do ano”.

Ademais, lembran que as granxas “están obrigadas a pagar relixiosamente o seguro de recollida, que ten un custe duns 6'50 € por animal nas granxas de vacún de carne e que se incrementa ano tras ano”.

Por iso, dende o SLG piden á Consellaría de Medio Rural que “lle dea un toque de atención a Gesuga para que este tipo de demoras non se volvan producir e, en caso de que a empresa se declare incompetente para cubrir o servizo de recollida de cadáveres animais, se lle conceda a outra empresa ou, directamente, pase a ser de xestión pública”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada