Leite

O sector lácteo resalta os valores nutricionais dos seus produtos e reafirma o seu compromiso para frear o desperdicio de alimentos na UE

InLac organizou un encontro sobre o leite e os seus derivados onde tamén destacaron que 1.300 millóns de toneladas de alimentos acaban perdéndose dentro da Unión.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
30/10/2023 6:16 p.m.

A produción e consumo de produtos lácteos é un dos principais piares agrogandeiros dentro da Unión Europea. De aí que os produtores e industriais ligados ao leite definan liñas conxuntas para seguir apuntando o beneficio que supón o consumo lácteo. Por outra banda, o propio sector é consciente do descarte de alimentos na UE en todo o proceso que vai desde o campo ao súper. Isto último fai que o sector lácteo, con todo o peso que ten dentro da UE, insista no seu compromiso de reducción na perda de produtos alimentarios na Unión Europea.

Expertos de referencia participaron o martes 24 de outubro no II Foro Lácteo baixo o lema "Nutrición, desperdicio cero e sustentabilidade no sector lácteo", convocados pola Organización Interprofesional Láctea (InLac) no Instituto Cervantes de Bruxelas, no marco da campaña “Conta cos produtos lácteos europeos”, cofinanciada pola Unión Europea.

Este ano, o encontro estivo centrado na prevención do desperdicio alimentario e os bos usos na cociña, sen esquecer as bondades nutricionais e saudables de leite, iogur e queixo. O presidente de InLac, Daniel Ferreiro, avogou pola información veraz sobre o sector e sobre os alimentos lácteos, co obxectivo de que “a sociedade no seu conxunto poida coñecer de primeira man, con total honestidade e transparencia, todo o que hai detrás dun vaso de leite, un iogur ou unha porción de queixo. Porque falamos de alimentos nutritivos e saudables. E tamén con efectos positivos para o medioambiente e para a dinamización do medio rural no seu conxunto”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“O sector lácteo pode presumir duns métodos de produción que cumpren coa normativa máis estrita do mundo no que se refire a calidade, rastrexabilidade, seguridade alimentaria, benestar dos animais e compromiso coa sustentabilidade da actividade e coa loita contra o desperdicio alimentario”, remarcou Ferreiro.

Ao seu xuízo, “as gandarías europeas, na súa inmensa maioría de carácter familiar, son un motor de desenvolvemento e de revitalización para as zonas rurais. E as industrias lácteas, as principais fábricas coas que contan moitos dos nosos pobos”. “A súa presenza contribúe a manter vivas as zonas rurais fixando poboación e creando emprego”, concretou o presidente.

A directora xerente de InLac, Nuria María Arribas, incidiu en que a sustentabilidade do sector “é un compromiso que asumimos e a nosa folla de roteiro, os nosos traballos diarios, converxen cara a ese obxectivo de producir máis con menos, sendo cada día máis respectuosos co medio ambiente e asegurando a soberanía alimentaria”. “Porque non esquezamos -destacou Arribas- que a poboación mundial crece exponencialmente e teremos problemas de produción de todo tipo de alimentos con recursos cada vez máis escasos, como auga, pastos e terras”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Na súa opinión, “falar de sustentabilidade é facelo da loita contra o cambio climático implica e, así mesmo, da prevención do desperdicio alimentario”. Segundo datos da FAO, “se aproveitásemos a comida que actualmente se desperdicia, poderiamos alimentar a máis de dous mil millóns de persoas e combater os problemas de acceso á comida a nivel global”.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada