Viña

O Ribeiro crea un banco de parcelas propio para potenciar o cultivo do viñedo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/09/2021 12:25 p.m.

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, presentou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, de Ourense, o novo proxecto dixital consistente na creación dun banco online de parcelas de viñedo rexistrado na D.O. Ribeiro. Durante o acto de presentación estivo acompañado por un dos representantes dos viticultores no pleno, Carlos Basalo, do sindicato Unións Agrarias, e polo deseñador do site web Emilio Cuíñas (Autoxiro).

Trátase do novo site https://bancodeparcelas.ribeiro.wine/ onde tanto persas físicas como xurídicas terán a oportunidade de ofertar ou demandar parcelas de uso vitícola. O principal obxectivo é dinamizar os contactos entre as dúas partes interesadas no movemento de parcelas sen participar nas condiciones de uso nin económicas. O Consello Regulador actuará como medio de comunicación coa posta en marcha dunha web para facer público o interese de persoas físicas e xurídicas de poñer no mercado parcelas para a súa venda, aluguer, cesión ou calquera outra figura que ambas partes acorden.

Juan Manuel Casares explica que “coa creación este espazo web estamos atendendo a unha demanda solicitada en numerosas ocasiones por viticultores recibidas nas súas visitas ás nosas instalacións do Consello Regulador”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Pola súa parte, o representante de Unións Agrarias, Carlos Basalo, resaltou a importancia de “mellorar a mobilidade de terras e favorecer o relevo xeracional aumentando a superficie das explotacións para facelas más rendibles, evitando ao mesmo tempo a perda de dereitos de plantación”.

En dita páxina web inscribiranse unicamente parcelas que estean rexistradas no Consello Regulador como fincas de uso vitícola (en plantación, produción, semiabandono, etc).

Para dar de alta as viñas no sistema poderán facelo de forma presencial ou online, incluindo tres fotografías da propiedade, datos da súa localización, descrición das cepas e o seu estado e datos de contacto.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada