Leite

O prezo medio do leite na Unión Europea acada un récord histórico de 0,53 euros o litro en setembro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/10/2022 11:31 a.m.

As ganderías de vacún de leite da Unión Europea percibiron en setembro un prezo medio de 0,53 euros o litro, un récord histórico, tal e como se desprende do último informe do Observatorio do Sector Lácteo da Comisión Europea.

Así, e tal e como se reflicte na seguinte gráfica, este prezo é o máis alto acadado nos últimos 20 anos e en toda a serie histórica:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por outra parte, as cotizacións na Unión Europea nesta pasada semana experimentaron unha baixada: na manteiga a caída da cotización foi dun 0,7%, e o quilo queda nos 7,17 euros. No caso do leite en pó enteiro e desnatado a baixada foi do 1,5%, con prezos de 4,79 e 3,69 euros o quilo, respectivamente. Pola contra, o queixo segue a alza, un 0,8% máis, e o cheddar xa está nos 4,82 euros o quilo nos mercados maioristas.

Nos outros tres principais países exportadores de lácteos (Estados Unidos, Nova Zelandia e Austria) a baixada das cotizacións dos produtos lácteos aínda foi maior na primeira semana de outubro, agás no leite en pó enteiro, tal e como se reflicte na seguinte gráfica:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ao Global Dairy Trade, a poxa de lácteos organizada cada dúas semanas pola cooperativa neozelandesa Fonterra, os datos publicados esta semana tamén son baixistas, despois de varios meses á alza o índice xeral a 4 de outubro baixou nun 3,5 %. En concreto, a maior baixada foi na manteiga, que caeu un 7%, e no leite en po enteiro, que experimentou unha caída do 4% nas súas cotizacións.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada