Leite

O prezo do leite situouse en Galicia en febreiro en 36,6 céntimos

As cotizacións do leite no campo continúan na comunidade á cola da España peninsular, segundo o último informe de entregas do Fondo Español de Garantía Agraria

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 05/04/2022 8:57 a.m.

Os prezos do leite no campo iniciaron un repunte en xaneiro en toda España. Nos dous primeiros meses do ano, o leite subiu 1,4 céntimos no conxunto do Estado, pasando a situarse en febreiro en 37,8 céntimos, en tanto en Galicia a suba foi dun céntimo, para quedar en 36,6 céntimos. Se se atende ás comunidades veciñas, Castilla y León está en 38 céntimos e Asturias en 38,8, segundo os últimos datos do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega). Galicia continúa en prezos á cola da España peninsular.

A tendencia de incremento de cotizacións espérase que se consolide nos informes de próximos meses, cando xa comezarán a plasmarse nos prezos medios os novos contratos que asinaron as granxas, con prezos á alza.

En entregas de leite, a produción anual mantén tamén unha tendencia a aumentar. En febreiro, a produción acumulada é un 1,4% superior á dos dous primeiros meses do 2021.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As calidades do leite en febreiro foron dunha media en España de 3,84 de graxa e de 3,34 en proteína. Galicia continúa líder en sólidos do leite un mes máis a nivel estatal, cun 3,91 de graxa (Só superada polo Páis Vasco, cun 3,96) e cun 3,36 de proteína (Só superada na España peninsular por Aragón, cun 3,40).

En leite ecolóxico, as cotizacións medias no campo foron en febreiro de 48,3 céntimos, en tanto en Galicia foron de 46,2 céntimos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada