Leite

O prezo do leite no campo subiu en Europa catro veces máis que en España no último ano

Agaca advirte de que o Ministerio “ten información de sobra para coñecer o deterioro brutal das contas que se está producindo nas ganderías”. Empraza a Agricultura a unha aplicación inmediata do Acordo Lácteo e chama a non resignarse ó “sálvese quen poida”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 30/07/2021 7:53 p.m.

A cadea do leite en España funciona dun xeito anormal. En tanto en Europa, o leite se revalorizou de media un 8,4% no campo no periodo maio 2020 – maio 2021, en España a suba foi só dun 1,8%. As cooperativas lácteas apuntan directamente á gran distribución como responsable de bloquear os prezos do mercado en toda a cadea granxa – industria – supermercado.

Así as cousas, a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias demanda medidas do Ministerio de Agricultura para regular o sector lácteo, de xeito que a situación non se convirta nun “sálvese quen poida”. En concreto, Agaca pide que se apliquen de xeito inmediato e práctico ferramentas políticas ligadas ó Acordo Lácteo do 2015, que permitan unha remuneración axeitada en tódolos elos da cadea.

“É clave buscar a sustentabilidade na cadea de valor, actuando sobre a práctica real de competencia, para evitar que os oligopolios da distribución fixen as rendibilidades fóra da lóxica dos mercados como sucede neste momento” -cuestionan-. “No último ano, en España o leite subiu de media no campo un 1,8%, mentres que no mesmo período subiu en países coma Irlanda un 22,6%, Bélxica un 19,3%, Países Baixos un 15,4%, Polonia un 13,4%, Alemaña un 10,5%, e así sucesivamente”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_149431" align="aligncenter" width="572"] Comparativa do aumento de prezo do leite nos distintos países de Europa no último ano.[/caption]

“A esta situación únese a práctica real do dumping”, critica Agaca, que entende que os países de Centroeuropa están enviando os seus excedentes a España, principalmente en forma de queixos, a baixos prezos cos que non pode competir a industria española.

Para as cooperativas, a situación de baixos prezos e de importacións europeas está provocando o deterioro de toda a cadea do leite: “Estes abusos de oligopolio da gran distribución e as prácticas tradicionais entre países da UE de “dumping” levan a que o os gandeiros reduzan produción en España no que vai de 2021, e a que sigan os abandonos de explotacións lácteas nunha media entre o 5% e o 6% anual. Esta situación non é sustentable, pero non nos resignamos ao “sálvese quen poida” das autoridades”, advirten.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) apunta en especial ós movementos da gran distribución como responsable da actual situación: “Os movementos iniciados a finais do pasado ano pola gran distribución anunciando e impoñendo unilateralmente unha baixada de prezos do leite na cadea de valor comezan a causar estragos nas rendibilidades das explotacións lácteas galegas ante a escalada das materias primas de alimentación animal, a suba constante dos custos enerxéticos e demais custos”.

"A gran distribución impuxo a finais do pasado ano baixadas de prezos na cadea de valor, o que comezou a causar estragos na rendibilidade das granxas" (Agaca)

Frente a esta situación, as cooperativas piden unha urxente actuación do Ministerio: “As cooperativas lácteas non se resignan a esta situación e solicitan urxentemente que o Ministerio interveña na cadea do sector e aplique a Lei da Cadea Alimentaria, pois coñece os prezos das materias primas de alimentación animal, a suba dos custos enerxéticos e demais custos; coñece os prezos do leite pagados aos gandeiros, dispón do Estudo da Cadea de Valor e Formación de Prezos na Leite Líquida Envasada de Longa Duración (LELD); coñece os prezos de cesión da industria láctea e os prezos dos derivados lácteos no punto de venda da gran distribución, así coma os beneficios das mesmas”, expoñen.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“O Ministerio -continúa Agaca- pode, por tanto, determinar facilmente quen ten unha posición dominante de oligopolio e intervir inmediatamente para que a cadea de valor láctea sexa sustentable. Sen sustentabilidade económica da cadea láctea non é posible a sustentabilidade ambiental e social que evite o baleirado do medio rural”.

“Para as cooperativas lácteas é fundamental recuperar o espírito do Acordo Lácteo e usar as ferramentas políticas de intervención acordadas no mesmo para promover unha acción no sector que apele á sustentabilidade económica na cadea de valor e na defensa dos gandeiros e cooperativas”, valora Agaca.

Por último, as cooperativas piden tamén unha reformulación da figura das organizacións de produtores de leite, “para, cos apoios públicos necesarios, facelas efectivamente reguladoras nun mercado libre e sen excedentes puntuais, e mellorar racionalmente a lexislación que afecta á figura dos primeiros compradores lácteos. Debemos buscar a eficacia operativa destes organismos previstos na normativa e cumprir co mandato normativo comunitario do “Paquete Lácteo”, adaptando o mesmo á realidade práctica e operativa do sector en España”.

[box style="0"]

O Sindicato Labrego pide solucións ós impagos de Tegestacín

Nunha concentración diante da Consellaría do Medio Rural en San Caetano, o Sindicato Labrego Galego vén de denunciar a situación en que se atopan granxas de distintas comarcas ás que a industria Tegestacín SL adebedaría entre dous e catro meses dos pagamentos polo leite subministrado, segundo a organización agraria.

No escrito presentado por rexistro faise notar ademais a presenza, entre as persoas xestoras da Tegestacín, de persoas que "anteriormente xestionaron Lácteos Tambre, S.L., Lácteos Merza, S.L., Logística Alimentaria S.L., empresas que se adicaron á recollida de leite e que tiveron situacións de impago ás explotacións", sosteñen.

O Sindicato Labrego lembra que Tegestación ten recibido axudas públicas -”máis de 350.000 euros da Consellaría en 2018”-, polo que pide que as axudas se condicionen a que as empresas non teñan casos de impago coas granxas.

O SLG reclama o ademais que se lle retire a licenza de primeiro comprador de leite ás industrias que presenten impagos coas granxas. Cuestionan tamén que os contratos entre industrias e gandeiros non están a resultar eficaces.

Este mes, Unións Agrarias xa protagonizara outra concentración ante Tegestación para reclamar as débedas dos produtores.

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada