Leite

O prezo do leite mantense estancado no campo

As cotizacións en España sitúanse en 31,6 céntimos de media, con Galicia na cola (30,2 céntimos). A produción baixou en febreiro en relación ó mesmo mes do ano anterior

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/04/2017 9:05 a.m.

A recuperación de prezos do leite no campo quedou estancada, segundo o informe mensual do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega), dependente do Ministerio de Agricultura. As cotizacións medias, que experimentaron nos últimos meses do 2016 unha mellora progresiva, mantivéronse nos dous primeiros meses do ano nos 31,6 céntimos a nivel español.

Galicia, como é habitual, ocupa a cola do conxunto de comunidades, con 30,2 céntimos en febreiro (-0,1 céntimos en relación a xaneiro). Nas comunidades veciñas, Asturias situouse en febreiro en 33,7 céntimos (+0,3 céntimos) e Castilla y León en 31,7 céntimos (-0,2 céntimos), segundo o informe do Fega correspondente a febreiro, que se publicou onte.

Os contratos que ofreceron no primeiro trimestre as grandes industrias do sector presentan unha liña continuista, con escasas variacións á alza dos prezos, polo que non se agardan cambios sustanciais nos próximos meses.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Entregas
Os datos de produción revelan que a tendencia á baixa nas entregas mantense. En febreiro deste ano, a produción a nivel español foi un 4,4% menor que en febreiro do ano pasado, en tanto en Galicia esa porcentaxe de baixada rondou o 5%. Se ben febreiro do 2016 tivo un día máis, ó ser ano bisesto, se se descontase ese día, os datos continuarían a reflectir unha baixada das entregas nunha liña similar ó mes de xaneiro (-1%).

En canto ás calidades, as porcentaxes de graxa e proteína baixan lixeiramente en relación a xaneiro. En Galicia, en febreiro houbo un 3,86 de graxa (polo 3,73 de media estatal) e un 3,25 de proteína (polo 3,26 de media en España).

Máis información
- Informe completo do Fondo Español de Garantía Agraria (febreiro 2017).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada