Leite

O prezo dos productos lácteos segue subindo nos mercados internacionais

Loading ad.
Ad could not be loaded.
25/08/2021 6:10 p.m.

O prezo dos produtos lácteos segue subindo nos mercados internacionais, segundo confirma o último informe do Observatorio do Sector Lácteo da Comisión Europea, correspondente aos prezos do 22 de agosto.

A tendencia á alza nos mercado, que se contradí cos estancamento dos prezos para os gandeiros no caso de España, prodúcese prácticamente en todas as categorías.

Así, no caso da Unión Europea, a manteiga sitúase nos 394 €/100 kg, un +0.1% que a comezos de agosto. No caso do leite desnatado en pó, o produto lácteo que máis exporta a UE xunto cos queixos, a suba foi do 1,2% no último mes, e está en 251 €/100 kg. O prezo do queixo cheddar tamén segue á alza, un 0,9% respecto a finais de xullo, e cotízase a 325 €/100 kg. O único que baixa é o leite enteiro en pó, cunha caída do 0,4% en agosto, pagándose a 314 €/100 kg.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En Nova Zelandia tamén se está rexistrando en agosto unha importante suba de prezos dos produtos lácteos, sobre todo da manteiga, aínda que cae lixeiramente a cotización do leite enteiro en po.

A nota negativa na Unión Europea é o incremento dos costes de alimentación do gando vacún de leite (un 3,3% máis en agosto respecto a xullo) debido á suba do prezo do penso, mentres que os custos de enerxía baixan un 0,8%, pola lixeira baixada no prezo do petróleo.

Descarga aquí o informe completo

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada