Leite

O prezo do leite en orixe na UE sitúase no nivel máis alto dos últimos 20 anos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
17/02/2022 1:13 p.m.

O prezo do leite en orixe está nestes momentos na Unión Europea nos niveis máis altos dos últimos 20 anos: unha media de 0,413 euros por litro en decembro e 0,418 en xaneiro.

Así se desprende do último informe do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea, onde se constata a boa evolución do prezo do leite no campo, impulsado polos elevados prezos dos derivados lácteos no mercado internacional. De feito, hai que retrotraerse a xaneiro de 2014 para atopar un prezo similar: 0,40 euros o litro. Como xa vendo sendo habitual, naqueles países cunha industria láctea máis volcada a produtos de valor engadido e con vocación exportadora e cun leite con máis porcentaxe de graxa e proteína, os prezos medios son maiores (Holanda, Dinamarca, Bélxica, Irlanda...).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Continúa a suba dos productos lácteos no mercado internacional

A boa marcha do mercado lácteo internacional de produtos lácteos está detrás desta evolución positiva. En concreto, as cotizacións na Unión Europea a mediados de febreiro rexistraron unha suba do 2,4% respecto a comezos de xaneiro na manteiga, que se mantén en prezos moi altos (5,92 euros o quilo). O leite en pó foi o que experimentou unha maior suba respecto á primeira quincena do mes pasado: un 4,3% máis o desnatado (3,60 euros o quilo) e un 3,9% máis o enteiro (4,48 euros o quilo), mentres que o queixo cheddar tamén puxa á alza nas súas cotizacións (3,61 euros o quilo, un 4,9% máis respecto a xaneiro).

A nota menos positiva na primeira quincena de febreiro está a ser o incremento dos custos de produción para as ganderías debido a suba dun 6,4% dos custos da enerxía (gasóleo, fertilizantes e electricidade) e dun 1,7 nos costes de alimentación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ao Global Dairy Trade, a poxa de lácteos organizada cada dúas semanas pola cooperativa neozelandesa Fonterra, os datos publicados esta semana tamén son moi positivos: subas do 6% nas cotizacións do leite en po desnatado; do 4,2% para o leite en po enteiro; do 5,1% para a manteiga e do 3,5 % para o queixo cheddar.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada