Leite

O prezo da manteiga volve subir na Unión Europea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
18/07/2018 7:45 p.m.

 

 

A manteiga segue manténdose como un dos sosténs dos prezos do leite en orixe. Así, a pasada semana o seu prezo subiu un 2% na Unión Europea ata os 5,74 euros o quilo, segundo publicaba este mércores o Milk Market Observatory da Comisión de Agricultura da UE.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Pola contra, o leite en pó, tanto enteiro como desnatado, baixaron na ultima semana un 0,2 e un 0,3%, respectivamente e acumulan nos últimos doce meses unha caída do 7% no caso do enteiro e do 17% no caso do desnatado.

En canto ao queixo, o Edam subiu un 2,2%, ata os 3,05 euros o quilo, ao igual que o Gouda, que quedou en 3,06 euros o quilo, un 1,2% máis. O Emmental foi o que experimentou unha maior suba: un 4,9% ata os 4,44 euros o quilo. É tamén o único cuxo prezo subiu nos últimos doce meses: un 5%, mentres que o Edam baixou un 10% e o Gouda un 8%.

En canto ao Cheddar na última semana non houbo variacións e mantense nos 3,35 euros o quilo. Por último, o soro de leite en pó tampouco experimentou cambios e queda en 0,78 euros o quilo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Evolución dos prezos dos produtos lácteos na UE:

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada