Leite

O presidente de Cusoviame asegura que “estudaremos a integración en Clun ou en Aira”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/01/2018 1:17 p.m.

A cooperativa Cusoviame, que agrupa a uns 200 socios activos dos concellos coruñeses de Curtis, Aranga, Monfero ou Sobrado dos Monxes, sopesa integrarse ou colaborar nos proxectos de Clun ou de Aira.

Así o recoñece o presidente da cooperativa, Alberto Rivera García, en declaracións a Campo Galego. “Temos unha pequena participación en Clesa e temos claro que para ofrecer máis servizos aos nosos socios hai que sumar forza con outras cooperativas. Non estamos nin en Clun nin en Aira pero seguramente no futuro, no momento oportuno, nos plantearemos integrarnos ou colaborar con algunha das dúas”, subliña. Engade que non se marcan prazos e que “as oportunidades de colaborar irán xurdindo”.

Cusoviame facturou en 2017 uns 15 millóns de euros

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Cusoviame facturou o pasado 2017 arredor de 15 millóns de euros e é unha das cooperativas máis importantes da provincia da Coruña. As ganderías socias, sobre todo de vacún de leite, pertencen aos concellos de Curtis, Aranga, Oza dos Ríos, Guitiriz, Sobrado, Irixoa, Monfero, e mesmo algunhas de Mesía.

Prestan aos socios servizos veterinarios, alimentación do gando, ferretería....etc. Ofrecen tamén servizo de carro, arado, xurro e servizos de substitucións (3 persoas que demandan de momento unhas 25 granxas), ademais de contar coa súa propia tenda agraria.

“A natureza da cooperativa é facilitarlles o traballo aos socios. Debe supor aforro de tempo e de preocupacións para que os socios para que se centren no traballo na granxa cos animais”, salienta Alberto Rivera, que foi reelixido presidente Cusoviame dende hai 8 anos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O cadro de persoal desta cooperativa está composto por 25 traballadores directos e conta cun parque maquinaria de 5 carros, 2 tractores, 2 cisternas, 1 arado de 6 palas, 3 máquinas de sementar herba, aboadora, encaladora 1 sementadora de millo. “Seguramente este ano faremos un investimento nunha sulfatadora”, asegura o presidente. Tamén teñen previsto este ano construír un novo almacén, entre outras melloras.

O obxectivo co que traballan é “dar cada vez máis servizos aos socios, de forma máis eficiente e para granxas cada vez máis profesionais”, subliña Alberto Rivera.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada