Desenvolvemento rural

O prazo de solicitude da PAC mantense aberto ata o 30 de xuño

Campo Galego 14/06/2023 2:28 p.m.

Este ano o prazo de solicitude da PAC remata na práctica o 30 de xuño. En teoría, o prazo finalizaba o 15 de xuño, pero o Fogga non aplicará este ano ningún tipo de penalización das solicitudes que se presenten ata o 30 de xuño. Non serán admitidas solicitudes posteriores ó 30 de xuño.

A única cuestión a ter en conta é que o prazo de modificación de solicitudes remata tamén o 30 de xuño. Sobre as solicitudes presentadas ata o 15 de xuño, o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) fará controis preliminares para detectar incidencias, que se comunicarán antes do 21 de xuño. Pero as solicitudes que se presenten entre o 15 e o 30 de xuño non se poderán beneficiar deses controis preliminares.

Etiquetado
Ir a la portada