Viña

O ‘Movemento Viño 2022’ pon o foco na sustentabilidade

Rías Baixas, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra, entre as 36 denominacións de orixe que organizan o sábado 22 de outubro un brinde colectivo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 07/10/2022 7:57 a.m.

Catro denominacións de orixe galegas (Rías Baixas, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei) súmanse ao Día Movemento Viño D.O., que terá lugar o vindeiro 22 de outubro. Trátase dunha acción que naceu en 2017 e que este ano, na súa sexta edición e baixo o lema Denominacións de orixe, territorios sustentables, volve ao seu formato presencial, reunindo o maior número de denominacións de orixe vitivinícolas que participaron neste evento ata a data, un total de 36 organizacións, que promoverán un brinde colectivo, simultáneo e simbólico como acto central.

O Movemento Día Viño D.O. é unha acción para celebrar que en moitos territorios, dende hai décadas, viticultores e adegas decidiron unirse para protexer un patrimonio colectivo e contrastado no tempo, que fai que as uvas e os viños das súas zonas sexan únicos e diferentes do resto e teñan unha calidade recoñecida vinculada a unha orixe concreta. 

Trátase dunha iniciativa que este ano se vai centrar tamén en reivindicar que as denominacións de orixe son ferramentas que contribúen á sostibilidade nos seus territorios e eríxense en panca de cambio no medio rural. Son entidades que amosaron a súa resiliencia e a súa capacidade de adaptación ao longo dos anos a base de intelixencia colectiva e de asunción de compromisos e responsabilidades coa súa contorna, tal e como se sinala dende a Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), que promove o evento.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada