Leite

O Ministerio envía mañá un representante a Galicia para abordar a crise de prezos do leite

O secretario de Agricultura do MAGRAMA, Carlos Cabanas, reunirase pola mañá en Santiago de Compostela coa conselleira e con representantes dos produtores e da industria. Pola tarde manterá un encontro con senadores do PSOE e do PP.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
30/07/2015 7:49 p.m.

O secretario xeral de Agricultura e Alimentación do MAGRAMA, Carlos Cabanas reunirase mañá, venres, ás 12:00 horas na sede da Xunta en Santiago coa conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e con representantes das asociacións de produtores e da industria láctea de Galicia.

Pola tarde, ás 17:00 horas, Carlos Cabanas e a Conselleira de Medio Rural e do Mar reuniranse con senadores e senadoras do Grupo Popular e do Grupo Socialista elixidos na Comunidade Autónoma de Galicia. Será na sede da EGAP en Santiago de Compostela.

A visita a Galicia do representante do ministerio prodúcese despois da gran mobilización do sector lácteo o pasado día 17 e do anuncio parte da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego de mobilizacións ao longo do mes de agosto, ante a falta de medidas urxentes por parte da Administración para solucionar a crise de baixos prezos que sofre unha parte importante das explotacións lácteas de Galicia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

 

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada