Leite

O Ministerio actualiza a regulación dos productos zoosanitarios para diagnóstico e reprodución

O Real Decreto aprobado esta semana polo Consello de Ministros simplifica e perfecciona os procedementos de autorización e inscrición do material reprodutivo e introduce novidades relativas á administración electrónica

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 01/10/2020 10:06 a.m.

O Consello de Ministros aprobou este martes o Real Decreto polo que se regulan os produtos zoosanitarios de reactivos de diagnóstico de uso veterinario, os sistemas de control de parámetros fisiolóxicos en animais e os produtos destinados ao mantemento do material reprodutivo animal.

O obxectivo é regular, simplificar e perfeccionar os procedementos de autorización e inscrición dos produtos zoosanitarios e introducir novidades relativas á administración electrónica. Todo iso en desenvolvemento da Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, sobre a autorización, inscrición, comercialización e uso dos produtos zoosanitarios.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os produtos de hixiene animal e destinados ao manexo dos animais non necesitan inscrición no rexistro xa que non se consideran produtos zoosanitarios

Así, cámbiase a denominación do rexistro, que pasa a chamarse Rexistro de Entidades e Produtos Zoosanitarios. Só se inscribirán nel, mediante declaración responsable, os produtos destinados ao mantemento do material reprodutivo animal. Non será necesaria a inscrición do material e utensilios de manexo do gando, así como os produtos de hixiene dos animais, que non se consideran produtos zoosanitarios. Si, en cambio, os sistemas de control de parámetros fisiolóxicos en animais e as entidades titulares dos mesmos. Os reactivos diagnósticos tamén deberán ser autorizados de forma previa á súa comercialización.

Liberalización de determinados produtos

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por outra banda, o real decreto detalla os distintos procedementos e modelos de solicitude ou declaración responsable co dobre obxectivo de adecualos á nova aplicación informática deseñada e de facilitar a xestión da información que debe ser recompilada polos interesados á hora de realizar as súas comunicacións coa Administración.

O texto inclúe tamén definicións máis pormenorizadas con respecto ao rexistro e as actividades comprendidas nel; indica a información para conter no envasado e etiquetaxe dos produtos; prevé actuacións de inspección e control por parte da Dirección Xeral de Sanidade da Produción Agraria; e inclúe unha cláusula de recoñecemento mutuo para mercadorías comercializadas legalmente noutro Estado membro da UE. Esta cláusula supón a liberalización dalgúns produtos que, por tanto, non están suxeitos ao abono de taxa algunha.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada