Forestal

O mercado de carbono e a oportunidades para o sector forestal galego, a debate o día 24 en Lugo

08/11/2022 12:21 p.m.

O vindeiro 24 de novembro celebrarase no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo unha xornada técnica sobre "O quebracabezas do mercado do carbono e o sector forestal".

A xornada está organizada polo Distrito Forestal IX Lugo-Sarria da Consellería do Medio Rural e nela intervirán expertos a nivel galego, español e europeo. Nas ponencias afondarase na vinculación do mercado de carbono co sector forestal e os retos e oportunidades que pode representar para o monte en Galicia. Neste sentido, preténdese iniciar a colocación das pezas básicas deste quebracabezas a través do persoal experto que está a traballar nesta materia.

As inscricións poden realizarse enviando un email a xbruna@xunta.gal ou chamando ao teléfono 982 828 620

Esta acción está aprobada dentro do plan de transferencia ao agro galego de AGACAL/Medio Rural co número de protocolo 2022/142.

Etiquetado
Ir a la portada