Carne

O mercado de Amio celebrará unha única feira no Nadal o luns 30

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 05/12/2019 8:52 a.m.

Ante a coincidencia das festividades navideñas co tradicional día de celebración do mercado de Amio (mércores 25 de decembro e mércores 1 de xaneiro), a feira decidiu suspender eses mercados e celebrar unha única feira no Nadal o luns 30. A decisión foi adoptada nas mesas de prezos celebradas no mercado de onte, que polo demais acordaron manter as cotizacións do gando sen cambios, tanto no referente a Ternera Gallega como ó gando de abasto.

En afluencia, o mercado rexistrou a entrada de 2.092 reses, 250 máis que a pasada semana. Houbo 1.698 cabezas de vacún menor (236 máis), 213 de vacún mediano (25 máis) e 175 de vacún grande (1 menos).

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (4-XII-2019)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada