Apicultura

O Mel de Quiroga, un dos máis singulares de Galicia, celebra este xoves a súa festa

09/08/2023 10:00 a.m.

Este xoves, 10 de agosto, o concello lucense de Quiroga celebrará a súa xa tradicional Mostra do Mel, que este ano chega á edición número 32.

O evento servirá para promocionar o mel e os demais produtos derivados da apicultura que se producen na zona de Quiroga, que debido á variedade da súa vexetación, con influencias mediterráneas, converten ao seu mel nun dos máis singulares de Galicia.

Os produtos apícolas que se exporán para a súa degustación e venda serán de seis apicultores da zona: Manuel Macía, de As Estradas; María Carmen Macía e Caurelor, de Quiroga; Rubén Figueroa, de Toucedo; Ángel Gómez, de Paradapiñol e Manuel Rodríguez, de Centeais. Exporán tres tipos de meles: de carballo, de queiruga e multifloral.

A mostra estará aberta no recinto feiral a partir das 11.00 horas na rúa Real, nas inmediacións da casa consistorial.

A Mostra do Mel de Quiroga estará amenizada polo grupo de gaitas O Recanto. Ademais, ás 13.00 horas, terá lugar a sesión vermú coa actuación de Movilla y Los Irrepetibles. Ás 19.00 horas celebrarase o Torneo Street Soccer e Street Volley nas pistas deportivas. E ás 23.00 horas, gran verbena coa osquestra Panorama.

Etiquetado
Ir a la portada