Leite

O máster en Produción de Leite volve cubrir todas as prazas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/09/2017 11:54 a.m.

Este venres inaugurouse oficialmente nas instalacións do CIAM en Mabegondo o máster en Produción de Leite do Campus Terra da USC. Esta nova edición cubriu de novo as 10 prazas ofertadas.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o vicerreitor de coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, participaron na sesión de apertura deste posgrao propio da USC.

Os dez alumnos completarán e recibirán ao longo deste curso de posgrao contidos relativos á produción leiteira ao abeiro dun itinerario formativo de marcado carácter práctico, tal e como se deduce do seu cadro docente. De feito, un 30% do profesorado deste máster pertence á USC, mentres que o 70% restante do profesorado correspóndese con profesionais do sector leiteiro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A formación estrutúrase ao redor de clases teóricas, prácticas de campo en empresas e viaxes de prácticas. Abrangue todos os aspectos involucrados na produción láctea: morfoloxía, fisioloxía e manexo sanitario dos animais, calidade do leite, xestión de instalacións, economía e xestión da produción e a explotación e produción de forraxes.

Un máster que antes había que realizar fóra de Galicia

O coordinador do máster en Produción de Leite do Campus Terra da USC, José Manuel Pereira, lembrou que a formación prestada a través deste posgrao propio da USC busca satisfacer unha demanda existente no sector agrogandeiro. De feito, antes de que a USC incluíra este posgrao propio na súa oferta formativa, moita xente de Galicia desprazábase ata outras rexións para poder recibir unha formación especialmente demanda por veterinarios, enxeñeiros agrónomos e titulados en administración de empresas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Entre os patrocinadores deste máster están as cooperativas Delagro, Capsa, Cap Coruña, a empresa Progando ou a Deputación de Lugo.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada