Viña

“O Luar do Sil” en brancos e “Alán de Val Mencía” en tintos, premios aos mellores viños de Valdeorras

Loading ad.
Ad could not be loaded.
13/11/2020 7:21 p.m.

A sede do Consello Regulador acolleu esta mañá o acto de entrega dos Premios da Cata dos Viños de Galicia 2020 correspodentes ao territorio amparado valdeorrés. Deste xeito, o Premio ao Mellor Branco (Acio de Ouro Branco) foi para O Luar do Sil, de Pago de los Capellanes S.A. Xunto a isto, o Premio ao Mellor Tinto (Acio de Ouro Tinto) receu en Alán de Val Mencía, da Adega Alán de Val S.A.T.

O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, quixo agradecer a “perfecta organización do acto” que tivo en conta “todas as esixencias sanitarias necesarias na actualidade por mor da pandemia”. García Pando sinalou que non foi un ano doado para viticultores e adegueiros, ao igual que para representantes doutros moitos sectores, e por iso “estes premios teñen nesta ocasión un valor moi especial, posto que poñen en valor o meritorio esforzo que se ten realizado para sacar adiante a colleita”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada