Leite

O leite que vén, vacas alimentadas sen soia transxénica

En Suecia e Austria, o 100% do leite prodúcese sen uso de transxénicos, en tanto en Alemania, o maior produtor da UE, arredor da metade da produción segue xa esa liña. Espérase un aumento desa tendencia en toda Europa

Loading ad.
Ad could not be loaded.
G.B. 11/12/2019 8:44 a.m.

Os sistemas de produción de leite diferenciado continuarán cobrando importancia nos próximos anos. Logo da expansión do leite ecolóxico e do leite producido en base a pastoreo, que continuarán a súa consolidación no mercado, espérase o aumento dunha nova tendencia, o leite de vacas alimentadas sen transxénicos. Esa é a previsión que se recolle no informe de perspectivas do sector lácteo para o 2030 que vén de presentar a Comisión Europea.

En países como Austria ou Suecia, o 100% do leite producido obtense sen uso de transxénicos, en tanto en Alemania, o maior produtor da UE, arredor da metade do leite é ‘GM-free’ (libre de transxénicos), unha tendencia que se espera que medre no resto da UE, pois o consumidor asocia estas producións a unha alimentación máis natural e con menor impacto ambiental.

A alternativa á soia pasa por importar máis colza e xirasol e por aumentar a produción de pastos e forraxes

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A principal dificultade para que as ganderías evolucionen cara a unha alimentación libre de transxénicos sitúase na soia, que representa un compoñente importante dos pensos en vacún de leite polo seu aporte de proteína.

A Comisión Europea calcula que a soia supón un 16% da alimentación animal, pero só un 3% é producida en Europa. Os principais países exportadores, Estados Unidos, Brasil e Arxentina, traballan principalmente con variedades de soia transxénicas. As posibilidades de importar soia non transxénica céntranse en Ucrania, outro dos principais mercados para a UE, e en Brasil, onde parte da produción é ‘GM free’ (libre de transxénicos), se ben desde o ámbito ecoloxista tamén se cuestiona o uso de soia non transxénica do Brasil, pois enténdese que ese consumo pode ter impacto ambiental na deforestación do Amazonas.

Que alternativas hai á importanción de soia? A Comisión Europea considera que esa alimentación pode suplirse cun aumento da produción de pastos e forraxes en Europa (+2,8 millóns de hectáreas), considerándose tamén posible aumentar a soia producida en Europa (+ 600.000 hectáreas).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Con todo, para cubrir as necesidades de proteína na ración do vacún, sería preciso de xeito paralelo aumentar as importacións de oleaxinosas non transxénicas, por exemplo colza e xirasol.

[box style="0"]

Tendencias de consumo, limitacións ambientais e mercado mundial

O informe sobre as perspectivas do mercado lácteo para o 2030 que vén de presentar a Comisión Europea analiza as cuestións a ter en conta en torno a produción, consumo e mercado. Resumimos os principais puntos:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Produción
- A produción de leite na UE continuará aumentando na próxima década (+ 0,6% anual), pero a menor ritmo do que o fixo nos últimos anos , cando se superaba o 1% anual. Os condicionantes ambientais e os requerimentos de sistemas de produción diferenciados (leite ecolóxico, en base a pastos, etc.) restrinxirán o aumento das entregas.

- O rendemento leiteiro continuará aumentando e espérase que no 2030 chegue ós 8.300 litros por vaca, fronte ós 7.300 actuais. Iso permitirá reducir a cabana gandeira nun 6% e reducirá as emisións de gases de efecto invernadoiro por litro de leite producido.

Limitacións ambientais
- A produción leiteira está baixando en Holanda pola obriga de reducir a carga de fosfatos. O debate está tamén moi activo en torno ós nitratos en moitos países da UE.

As industrias lácteas da UE inician plans para reducir a pegada de carbono da produción do leite

- Outra cuestión ambiental a ter en conta é a das emisións de gases de efecto invernadoiro. Hai industrias lácteas na UE que xa anunciaron plans para reducir a súa pegada de carbono. As vías de traballo para lograr iso céntranse en reducir as emisións de metano do gando, mediante cambios de manexo e nutrición, e en mellorar o secuestro de carbono, aumentando os pastos temporais ou o tempo de permanencia dos cultivos tanto como sexa posible.

Mercado
- Os prezos da manteiga e do leite en po volverán a cifras normais, que no caso da manteiga rondará os 3.600 euros por tonelada e no leite en po os 2.600. Son cifras que se prevé que permitan manter un prezo forte do leite no campo.

- A produción leiteira aumentará nos países en vías de desenvolvemento, polo que o aumento das exportacións será menor que na última década.

- O queixo continuará aumentando a súa cota de consumo en Europa (+1 kg. por persoa e ano no 2030), en tanto o leite líquido seguirá perdendo peso (-7 litros por persoa e ano no 2030). Iogur e nata experimentarán pequenos aumentos de consumo.

- O queixo absorberá tamén máis do 40% do aumento de volume de exportacións previsto na UE na próxima década, seguido dos soros en po (+26%) e da manteiga (+19%).

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada