Leite

O impacto da crise do coronavirus no comercio mundial de lácteos en 5 gráficas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
17/07/2020 5:42 p.m.

Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea ven de publicar un informe sobre a evolución do mercado de produtos lácteos de xaneiro a maio deste ano, no que se evidencia a importante caída das compravendas nos meses de abril e maio, coincindo co pico da incidencia da crise do coronavirus Covid19 e as medidas de confinamento da poboación. 

Así, no relativo á manteiga, o ano comezou nos tres primeiros meses con China como excepción disparando as súas importacións, aproveitando a baixada de prezos, para volvelas reducir aos niveis de 2019 nos meses de abril e maio. Aínda así, nos cinco primeiros meses do ano incrementou nun 43% as súas compras ao exterior de manteiga. Rusia tivo un comportamento semellante, e rexistrou un incremento do 11% nas importacións deste produto, mentres que o Reino Unido e a Unión Europea reduciron as súas compras ao exterior de manteiga entre xaneiro e maio nun 17 e nun 43%, respectivamente.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No que respecta ao leite desnatado en pó (SMP polas súas siglas en inglés) a caída das compras dos principais países importadores foi xeneralizada en abril e maio. Así, China reduciunas nun 13% en volume; Filipinas nun 45%; Malasia nun 20% e só Indonesia as incrementou nun 4% respecto ao mesmo período de 2019.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No mercado do leite enteiro en pó (WMP) a tendencia baixista foi similar, coa excepción de China, que incrementou as súas importacións nun 3%. No resto de principais países compradores houbo unha caída xeral: un 16% menos en Tailandia; un 33% menos en Hong Kong e unha caída do 45% no caso de Brasil.

Por último, os principais países importadores de queixos tamén reduciron as súas compras ao exterior nos meses de abril e maio. Destaca a importante caída do Reino Unido (-25%), seguida de Xapón (-9); a Unión Europea (-5%); mentres que Rusia aumentou as súas compras de queixo nun 2% nos cinco primeiros meses do ano respecto ao mesmo período de 2019.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Do lado dos países exportadores, as caídas das vendas de produtos lácteos ao exterior foi xeneralizada entre xaneiro e maio. Só incrementaron as súas vendas a Unión Europea en manteiga (un 37% máis) e leite enteiro en pó (8% mais); Estados Unidos en leite desnatado en pó (17% máis) e Bielorusia en queixos (+9%).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada