Leite

O Grupo Lactalis incrementou arredor dun 2,5% a súa recolllida de leite en Galicia en 2019

O Grupo Lactalis colabora con 1.500 gandeiros galegos aos que recolleu o ano pasado máis de 513 millóns de litros de leite, aproximadamente a metade do total nacional, e unha cifra similar aos 500 millóns de litros recolleitos en 2018

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/07/2020 6:29 p.m.

O Grupo Lactalis, empresa familiar e líder mundial na fabricación de produtos lácteos e en recollida de leite en Galicia -aproximadamente recolle o 20% -, informa de que realizou un investimento valorado en 3 millóns de euros para mellorar o proceso de produción das dúas fábricas que o Grupo ten en Lugo. En concreto, investiu 1,7 millóns de euros na fábrica de leite situado en Villalba e 1,3 millóns na de Nadela. Tal e como se recolle no Informe de Responsabilidade Corporativa 2019, o Grupo investiu 21 millóns de euros nas súas 8 fábricas españolas.

En 2019 Lactalis recolleu en España 1.028 millóns de litros de leite de vaca, ovella e cabra, dos cales, case a metade foron recibidos e procesados nas fábricas de Galicia. Concretamente, as plantas de Villalba e Nadela recibiron en total máis de 513 millóns de litros de leite, unha cifra lixeiramente superior -un 2,6% máis- aos 500 millóns de litros recolleitos en 2018.

"Os gandeiros son os nosos principais aliados na nosa aposta pola calidade e en Lactalis cremos nas relacións a longo prazo con eles. Colaboramos cuns 2.200 gandeiros -1.500 deles, galegos- e o 90% fano a través de contratos por un ano, o que lles achega estabilidade e flexibilidade para facer crecer as súas explotacións", afirma Ignacio Elola, conselleiro delegado de Lactalis Iberia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada